
En Xuño do 2009, este blog comenzaba as súas andainas, para amosar os resultados dunha "experiencia piloto" de colaboración interdisciplinar que dimos en chamar proxecto Urdiñeira. Esta semana acadaba as 10.000 visitas, pasiño a pasiño, como aquel tren que nos leva pola beira do Miño.
Neste mesmo mes de Outubro, por fin as chuvias traen a presentación dunha nova publicación sobre estatuas-menhires, resultado das xornadas celebradas no 2009 en Sabugal:
2011. Vilaça, R. (Coord.) Estelas e estátuas-menir: da Pré à Proto-Historia. Actas IV Jornadas Raianas (Museu do Sabugal, 23-24 de Outubro 2009).
Neste volume, presentamos un traballo ó abeiro do proxecto Urdiñeira: Comendador, B., Rodríguez, V., Manteiga, A. "A estatua-menhir do Tameirón no contexto dos resultados do proxecto de investigación arqueolóxica na Serra da Urdiñeira e o seu contorno (Riós-A Gudiña, Ourense)".
Esperamos que sexa do voso interese.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada