viernes 30 de septiembre de 2011

Guía Arqueolóxica do Alto Támega

Do blog Verín Natural tomamos a foto e a nova da publicación da segunda edición da Guía Arqueolóxica do Alto Támega, de autoría de Bruno Rúa, a quen reiteramos os nosos parabéns polo seu extenso traballo, do que xa coñecíamos a primeira edición.
A portada, ilustrada cunha fotografía do excepcional achado da estela-estatua de Castrelo do Val, no que Bruno tivo unha crucial participación, augura algúns dos interesantes contidos.
Aportacións como esta contribúen tanto a caracterización , como á difusión e a protección dun patrimonio arqueolóxico pouco coñecido.
O coñecemento medra nunha área cada vez máis interesante no panorama da arqueoloxía galega.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

O foxo do Boqueiro (Urdiñeira 3)

A Cova das Choias (2)

A Urdiñeira (1)