martes 9 de agosto de 2011

Entrevista sobre A Urdiñeira no periódico O Sil


O periódico O Sil publica este mes unha entrevista sobre o Proxecto Urdiñeira. Aquí deixo o link a versión dixital da entrevista. (A entrevista íntegra pode lerse na edición en papel do periódico O Sil).

O Sil apareceu por primeira vez en outubro de 1996 e dende entón sae cunha periodicidade mensual. Véndese en boa parte dos quioscos da provincia de Ourense e na zona de Quiroga, pero tamén chega a calquer parte do mundo a través de subscrición.


Agradecemos a María Ánxeles Rodríguez o seu interese por recoller ao proxecto Urdiñeira neste número, e esperamos poder seguir colaborando en futuros traballos, como o que actualmente desenvolvemos en San Vítor de Barxacova.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

O foxo do Boqueiro (Urdiñeira 3)

A Cova das Choias (2)

A Urdiñeira (1)