skip to main |
skip to sidebar
Contra o meigallo
Hai uns días atopamos este escarabello como habitante do Cabezo de Chaguazoso, na Mezquita.Dende o blog irmán Verín Natural nos comentan hoxe que é unha especie interesantiña para Galicia, vistosa, e bastante corrente en zonas quentes.Din que ten un vernáculo propio: 'Vacaloura', aínda que eupensaba que se lle chamaba así á Lucanus cervus, pero semella que por estas terras, como na Terra Quente portuguesa, chámaselle 'Escornabois'. Non é perigosa mais si que segrega unha sustancia aceitosa que pode producir algún tipo de reacción. As cores vermellas sobre fondo negro xa son de advertencia.
Boa defensa para noites de arrepío e meigallo:
Non teño medo ós teus ditosnin medo do teu meigalloque ando cunha vacalourae catro dentes de allo.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada